venres, 23 de maio de 2025

📖 Visita Celtia Figueiras📖

O luns 5 de maio recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a escritora Celtia Figueiras sorprendeu ao alumnado de 1º, 4º e 5º. 

Primeiro, estivo co alumnado de 1º para falar do seu conto "Lúa quere viaxar a... Marte!". O alumnado e a autora falaron do libro e pasaron un momento moi agradable. 

Despois, estivo co alumnado de 5º para realizar un obradoiro denominado "Rachando co guión". O alumnado disfrutou dun teatro de títeres e pasou un momento moi entretido. 

Finalmente, estivo co alumnado de 4ºA e de 4ºD para falar do seu libro "A Banda dos Insectos. Pasando a bóla". A autora e o alumnado tamén pasaron unha seisón moi enriquecedora. 

Ao final da visita, a autora asinoulles os libros ao alumnado de 1º e 4º e deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un día moi completo!!






Deixámosvos a continuación cun vídeo do obradoiro "Rachando co guión" co alumnado de 5º. Moitas gracias por vir, Celtia. Ata a próxima!!



martes, 20 de maio de 2025

📖Visita Andrea García 📖

O venres 25 de abril recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a autora Andrea García sorprendeu ao alumnado de 6º para falar do conto "Animais fantásticos de aldea". O alumnado e a autora falaron do libro e pasaron un momento moi agradable. 

Ao final da visita, a autora fíxolles algunha ilustración, asinoulles os libros ao alumnado e deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi entretido!!








📖 Visita Ana Ulla 📖

O xoves 24 de abril recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a autora Ana Ulla sorprendeu ao alumnado de 4ºD para falar do conto "Desde el jardín, las estrellas". Ela veu acompañada da ilustradora Rita Landeiro e da asesora pedagóxica Meli LagoO alumnado e as invitadas falaron do libro e pasaron un momento moi agradable. 

Ao final da visita, saíron ao patio a ver as estrelas, asinaron os libros do alumnado e deixaron unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi entretido!!




luns, 19 de maio de 2025

📚DÍA DO LIBRO 📚

O mércores 23 de abril conmemoramos o Día Internacional do Libro no Altamira. A actividade organizada dende a biblioteca foi o apadriñamento lector.

Os más maiores do colexio foron os padriños e madriñas e, os máis pequenos, os apadriñados. Queredes saber cales foron as parellas? O alumnado de 6º apadriñou a 1º,  o de 5º a 3º e o de 4º a 2º. A actividade dividiuse en dúas partes: 

  • Na primeira parte, cada grupo de padriños e madriñas tivo que baixar a aula dos seus apadriñados para intercambiar a información sobre o seu xénero musical. Esta información preparouse previamente na clase. 
  • A segunda parte, consistíu en que cada parella tivo que crear conxuntamente un pareado nunha plantilla facilitada polo equipo de biblio e despois decorala o mellor posible. Esta parte fíxose no recreo, xa que tivemos un día moi soleado.

Ao finalizar a actividade, algunhas clases intercambiaron marcapáxinas entre elas como agasallo deste día tan especial. 

Así, o alumnado do Altamira creou pareados moi creativos e orixinais. Todos eles están expostos na entrada do colexio para poder lelos, e os máis orixinais foron premiados. Queredes saber quenes foron?No seguinte collage tedes ás persoas gañadoras!! Parabéns!! 

A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías desta actividade de apadriñamento lector no Altamira. Desexamos que vos guste tanto como a nós. 


A maiores, queremos ensinarvos os libros novos que temos na biblioteca relacionados co noso proxecto deste ano: "Queres bailar? Únete ao Altamira que a festa esta por chegar!". Desexamos que vos gusten e e que poidades disfrutalos. 


 

💓 Por que non en galego? 💓

Sabedes que no mes de febreiro foi o día de San Valentín non? Pois si, o 14 de febreiro celebrouse no Altamira o día do amor e da amizade. De que maneira?

O equipo de dinamización lingüística, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou o V Concurso chamado: E POR QUE NON EN GALEGO?

Voluntariamente, o alumnado tivo que redactar e adornar unha mensaxe con contido que amosara agarimo e afecto cara outra persoa. A mensaxe tiña que ser en galego, ademais de ser unha mensaxe orixinal e persoal. Houbo un gañador ou gañadora en cada un dos niveis, quenes obtiveron un agasallo.

Aquí tedes as imaxes das persoas gañadoras do concurso e das súas mensaxes así como a exposición de todas elas na entrada do colexio. Moitas gracias a todos e todas por participar!! Sodes uns e unhas artistazas!!



xoves, 8 de maio de 2025

📖 Visita Sabela F. Trelles 📖

O martes 22 de abril recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a autora Sabela F. Trelles sorprendeu ao alumnado de 3ºA e 3ºB para falar do conto "A miña avoa, a miña heroína". O alumnado e a autora falaron e pasaron un momento moi agradable. 

Ao final da visita, deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña e sacou fotos co alumnado. Foi un momento moi entretido!!





🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅

Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso.  Dende o equipo...