martes, 20 de maio de 2025

📖 Visita Ana Ulla 📖

O xoves 24 de abril recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a autora Ana Ulla sorprendeu ao alumnado de 4ºD para falar do conto "Desde el jardín, las estrellas". Ela veu acompañada da ilustradora Rita Landeiro e da asesora pedagóxica Meli LagoO alumnado e as invitadas falaron do libro e pasaron un momento moi agradable. 

Ao final da visita, saíron ao patio a ver as estrelas, asinaron os libros do alumnado e deixaron unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi entretido!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Teatro na nosa biblioteca

As voluntarias de 5º fixéronnos desfrutar dunha obra teatral titulada Mabel, Mabul y Mabuli,  adaptación do conto "Mabel y la montaña...