luns, 22 de decembro de 2025

Concurso de postais de Nadal na biblioteca do Altamira



Un ano máis, a biblioteca do Altamira celebrou o tradicional Concurso de postais de Nadal, cunha magnífica participación do alumnado.

Baixo a temática "Universo/Nadal", as postais tiñan que presentarse en galego, destacando pola súa orixinalidade e creatividade. O resultado foi unha colección de traballos cheos de cor, imaxinación e mensaxes cargados de maxia.

Tras unha difícil deliberación, debido ao alto nivel, oito foron as postais gañadoras. No festival de Nadal celebrado o último día de curso, as persoas premiadas recibiron un pequeno agasallo como recoñecemento ao seu traballo e creatividade. Na seguinte imaxe aparecen as gañadoras do concurso, ás que felicitamos, así como a todo o alumnado participante polo seu entusiasmo e implicación.

Bo Nadal e felices lecturas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Día da poesía, 21 de marzo

O alumnado do CEP Altamira comparte as súas poesías nun recital cheo de creatividade e expresión. Non volo perdades!