venres, 30 de xaneiro de 2026

Día da PAZ

Celebramos o día da PAZ no noso colexio e na nosa biblioteca. É un día moi importante para lembrar que debemos tratarnos con respecto, amizade e cariño.

Aquí podedes ver un pequeno vídeo das actividades que fixemos. Equipo de Biblioteca

venres, 16 de xaneiro de 2026

Papiroflexia na biblioteca

A biblioteca acolleu unha clase de papiroflexia na que o alumnado desfrutou creando diferentes figuras a partir de papel. Unha actividade creativa que fomentou a concentración, a paciencia e a imaxinación.


Equipo de Biblioteca

xoves, 15 de xaneiro de 2026

Txano e Óscar: unha lectura compartida en 6ªA

Durante o primeiro trimestre do curso, o alumnado  de 6ºA leu o libro de Txano e Óscar, unha lectura que nos acompañou durante as nosas horas de ler e que deu pé a reflexións, diálogos e actividades creativas arredor da historia e das súas personaxes.

Tras rematar o libro, o grupo realizou un mural colectivo no que aparecen os retratos das personaxes principais, elaborados polo propio alumnado, xunto cunha recomendación lectora.



Este mural foi colocado nun dos corredores do centro, converténdose nun pequeno escaparate lector  que chama a atención de quen pasa por alí e contribúe a dar visibilidade ao traballo realizado na aula, así como a fomentar o gusto pola lectura entre todo o alumnado. 




Desde a biblioteca escolar queremos felicitar á clase de 6ºA polo seu esforzo e creatividade.


Día de Rosalía

O alumnado de 5º nivel realizou un obradoiro para celebrar o Día de Rosalía de Castro. Compartimos unha imaxe e un vídeo deste momento no qu...