domingo, 17 de maio de 2020

Celebrando o Día das Letras Galegas


   Coa celebración de hoxe do Día das Letras Galegas os deixamos este vídeo da escritora Paula Carballeira sobre Ricardo Carvalho Calero:

mércores, 13 de maio de 2020

Día das Letras Galegas

Achégase o 17 de Maio, Día das Letras Galegas!


Coma tódolos anos, aínda que sexa dende a casa, queremos celebralo con todos vós e animarvos a que empreguedes a nosa fermosa lingua.


Imos facer entre todos unha bonita nube de palabras, que exporemos no colexio cando volvamos.
Cubre o formulario que tes debaixo, escribe unha soa resposta! Por suposto: EN GALEGO!





O autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero. 



Para cuarto, quinto e sexto propoñémosvos que pasedes esta scaperoom. Afinade os vosos instintos e resolvede o código segredo.

Consello: Ide anotando os números que descubrades.

Preme na imaxe para acceder á scaperoom:







Para primeiro, segundo e terceiro tamén temos outra scaperoom sobre o autor!


Preme na imaxe para acceder:






Se aínda quedas con ganas de saber máis sobre Carvalho Calero, estas dúas rapazas cóntannos moito sobre a súa vida, e dunha forma que nos gusta moito, CANTANDO!




E tamén cun libro dos Bolechas!


luns, 4 de maio de 2020

Reto do Día do Libro

   Xa temos os retos do Día do Libro. Moitos fostes os que participaches e encántanos! Aquí tedes as vosas fotos: 





xoves, 30 de abril de 2020

Retos de Educación Física

  Os mestr@s de Educación Física do CEP Altamira retaron aos alumn@s do colexio a escribir un conto cos títulos dos libros que tiñan na casa para o Día do Libro. Aquí tedes os pedazos videos que fixeron.



















venres, 24 de abril de 2020

xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe conmemoramos o Día do libro.


Para celebrar este día a Biblioteca do CEP Altamira os propón un reto: 


Animádevos a participar!



mércores, 22 de abril de 2020

Día da Terra


   Hoxe, día 22 de abril, celebramos o Día da Terra. Concretamente celébrase o 50 aniversario xa que a primeira vez que se conmemorou foi o 22 de abril de 1970.  Instaurouse este día para crear unha conciencia común aos problemas da sobrepoboación, a producción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.
   Ti tamén podes axudar ao noso planeta, recorda a regra das 3R: 

Reciclar, reutilizar e reducir. Ti si que podes!

venres, 17 de abril de 2020

Revista digital Reportero DOC

   O equipo de Bayard Revistas ofrécennos a posibilidade de acceder a revista dixital da súa editorial. Para poder facelo tedes que entrar na súa páxina web (pinchade na imaxe que tedes aquí abaixo) e introducir o seguinte código: EAREPO. 




xoves, 2 de abril de 2020

Día Mundial da Concienciación do Autismo

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Autismo: 
   A Biblioteca do CEP Altamira se une a está celebración coa publicación da seguinte páxina web onde podedes encontrar unha serie de actividades utilizando os pictos: 

Pincha na imaxe

    Aquí te tedes un vídeo no que nos conta o conto do Patito feo con pictogramas: 


Día Internacional do libro infantil e xuvenil

Hoxe día 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Por esta razón, a biblioteca quere celebralo cos seguintes enlaces onde podedes escoitar diferentes libros contados por Contacontos. Os que imos ver agora nolo ofrecen o Colectivo NOGA:










   Para ver máis videos coma estes entrade na súa páxina de youtube Colectivo NOGA.

   Tamén O Salón do Libro nos ofrece lecturas de diferentes libros contadas por contacontos: 


Se queredes velo, pinchade na imaxe.

Grazas, voluntariado da biblioteca!

Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026 . Este vídeo é...