xoves, 20 de febreiro de 2025

📡Día da Muller Científica📡

O martes 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e dende a biblioteca quixemos conmemoralo realizando algunhas actividades. 

A actividade principal consistíu na preparación e gravación dun pódcast por parte de alumnas voluntarias da biblioteca. Queredes escoitalo? Clicade na seguinte ligazón!

A maiores, as nosas voluntarias deseñaron e decoraron o mural para a entrada do colexio. Quedou así de bonito!! 

A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías do traballo realizado polas voluntarias da nosa biblioteca.

martes, 18 de febreiro de 2025

👪 Familias lectoras 1º Trimestre👪

Este curso escolar, co obxectivo de fomentar a lectura coa familia e para integrar as familias no contexto educativo, o equipo de biblioteca propuxo como actividade o programa de Familias Lectoras

Este consiste en que as familias do alumnado poidan ir ao cole para contarlles un conto aos nenos e nenas do grupo do seu fillo ou filla e así poder coñecer e pasar un ratiño agradable con eles. 

Durante o primeiro trimestre, xa houbo grupos que abriron as portas da biblioteca ou da súa aula para recibir a familiares. Queredes ver algunhas fotografías do 1º nivel? Disfrutádeas!!




Estade atentos a próximas publicacións se queredes ver fotografías das familias lectoras do segundo trimestre. Gracias por lernos!!

martes, 11 de febreiro de 2025

🔅Día da Non Violencia e da Paz🔅

O xoves 30 de xaneiro foi o Día da Non Violencia e da Paz e,  para conmemorar este día, dende a biblioteca fixéronse diferentes actividades relacionadas. 

Unhas das actividades consistíu na preparación e grabación dun podcast contando a historia da canción "O cambio". As encargadas de deste podcast foron as nosas voluntarias Noemí e Ainhoa. 

Outra das actividades realizadas foi decorar algúns espacios do colexio con elementos relacionados coa Paz (pombas, flores de cores, e corazóns), e tamén deseñar e pintar os muráis da entrada do colexio. 

Se queredes ver fotografías das voluntarias traballando e escoitar o podcast sobre a canción traballada, clicade no seguinte vídeo para poder disfrutalos. 




martes, 28 de xaneiro de 2025

🐄Pintiñas🐄

Como xa sabedes, á volta de Nadal comeza a ruta das Pintiñas polas diversas clases do noso colexio. 

Hai unha pintiña por ciclo, que vai cargadiña de libros de distintas tipoloxías adaptados ás idades e aos gustos do alumnado propio do ciclo (cociña, narrativa, poesía, cómic, xornáis, revistas...). 

Cada clase terá quince días para poder ler e gozar de todos os libros durante a hora de ler. Unha vez pasadas esas dúas semanas, a Pintiña seguirá a súa ruta noutro grupo, e así sucesivamente ata rematar a ruta. 

Queredes ver algúns dos libros novos que están nas tres pintiñas? Prestade atención á seguinte fotografía!!

Desexamos que vos gusten moito e os disfrutedes!! Non vos esquezades de coidalos para que poidan durar moito tempo!!



xoves, 23 de xaneiro de 2025

📖Contacontos no CRA 📖

Durante o primeiro trimestre, algúns alumnos e alumnas de 4ºB decidiron preparar e representar un contacontos. O libro que decidiron representar tiña como título "La familia de Basilia". 

Como o preparon tanto e o fixeron tan ben, estaban preparados para representalo diante dos nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta. Así que, no mes decembro, baixaron a ensiñarlles todo o traballo realizado ás xeracións máis novas. As nenas de 4º prepararon e escenificaron o argumento do conto o mellor que puideron para que os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos pasaran un momento entretido. 

Cabe destacar que algunhas alumnas voluntarias da biblioteca baixaron tamén xa que eran as encargadas do son e do atrezo e tamén eran as presentadoras do contacontos. 

Aquí tedes un vídeo con fotografías desta marabillosa actividade realizada no CRA!! Se os sabe a pouco e queredes ver a actuación enteira, podedes ver o vídeo de abaixo e gozar de cada minuto dela!!








martes, 21 de xaneiro de 2025

🎭Obra de teatro na biblio🎭

Durante o primerio trimestre, o alumnado de 4ºC decidiu preparar unha obra de teatro coa súa mestra. No mes de decembro, decidiron representala na nosa biblioteca tendo como público ao alumnado máis pequeno do colexio. 

Esta obra tiña como título "Espíritu de la Navidad" e como protagonistas a todos os nenos e nenas de 4ºC. Queredes ver algún fragmento desta magnífica representación? Dádelle ao clic e disfrutade dela!!



📞Guasgalegando 1º trimestre📞

Voltamos un curso máis co concurso Guasgalegando, para seguir potenciando o uso do galego no noso día a día. 

A proposta do primeiro trimestre consistiu en inventar unha pócima máxica, de máximo catro versos, para ser máis felices no CEP Altamira. Todas as pócimas tiñan que escribirse en galego. O alumnado puido participar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas respostas. 

A continuación deixámosvos fotos dos gañadores e gañadoras deste concurso. Cada un deles fixeron a súa propia chapa!! Parabéns aos gañadores e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!! 



xoves, 9 de xaneiro de 2025

🌲Obradoiro de papiroflexia🌲


Xa damos comezo a un novo trimestre, e por ende, a novas actividades e obradoiros que seguiremos realizando na nosa biblioteca. 

Pero antes de comezar a ensinarvos estas novas actividades, queremos mostrarvos o último obradoiro realizado co alumnado voluntario na biblioteca durante o mes de decembro. Queredes saber en que consistíu? 

Este obradoiro tiña como obxevtivo aprender a facer árbores de Nadal mediante a técnica de papiroflexia. O resultado deste obradoiro foron arboliños moi orixinais. Queredes ver o resultado? Se a resposta é si clicade no seguinte vídeo. 



venres, 20 de decembro de 2024

🎴 Resolución do concurso de postáis de Nadal🎴

Aquí vos deixamos as postais gañadoras do XII Concurso de Postais de Nadal celebrado este ano. Queredes saber cales foron as gañadoras? 

Aquí tedes unha fotografía coas postais gañadoras en cada nivel. Prestade atención!!


Queremos felicitarvos por participar no concurso e animarvos a seguir participando o curso que ben. Parabéns as gañadoras!! Desexamos que vos gustara o agasallo. 

Para rematar este trimestre, dende o Equipo de Biblioteca queremos mandarvos un agarimoso saúdo a toda a Comunidade Educativa e desexarvos unhas felices festas!! Vémonos á volta, familia!!




🎅Recomendacións lectoras de Nadal🎅

O mes de decembro xa chegou e as vacacións de Nadal están moi cerca... Por este motivo, dende a biblioteca de Sabidiña fixemos unha selección de lecturas recomendadas para cada curso.

Así que... agora que comeza o Nadal, podémoslle pedir a Papá Noel, aos Reis Magos ou ao Apalpador estes libros tan orixinais e divertidos. Non vos esquezades deles, porque á volta os leremos durante o momento lector todos e todas xuntas!! Desexamos que vos gusten estas recomendacións!!

Deixámosvos a continuación imaxes do tríptico onde aparecen as lecturas recomendadas para cada nivel. 




📖Mércores de contacontos📖

Para finalizar o mes de decembro, un grupo de alumnas e un alumno de 4ºB decidiron organizar, preparar e representar un contacontos. 

Elixiron o conto La familia de Basilia de Gracia Iglesias. Elas foron as encargadas de preparar a lectura e de representar o conto ao resto do alumnado do colexio no recreo dun mércores.  O alumnado de 4º estaba un pouco nervioso, pero fixéronno moi ben. 

Queredes ver o resultado final? Clicade no seguinte vídeo e gozade desta magnífica representación teatral na biblio Altamira. 

Gracias por lernos!!



Visita especial en primeiro nivel: Sabela Gago

O alumnado de 1º nivel recibiu a visita de Sabela Gago, foi un encontro moi ameno e participativo.