martes, 25 de marzo de 2025

📖Visita María Carrera 📖

O martes 11 de marzo recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... María Carrera sorprendeu ao alumnado do 2º nivel para falar do conto "El dragón que quería ser violinista". O alumnado e a autora falaron, cantaron, bailaron e pasaron un momento moi agradable. 



Ao final da visita, deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña e sacou fotos co alumnado. Foi un momento moi entretido!!


A continuación, deixámosvos un vídeo desta visita tan especial e divertida!!





📰 Semana da Prensa 📰

O mes de marzo comezou coa conmoración da Semana da Prensa dende o luns 3 ata o venres 7.

Na nosa biblioteca fíxose, coa colaboración do alumnado voluntario, un recuncho da prensa con distintos xornais e revistas para que o alumado consultara cando quixera, tanto nos recreos como nas sesións de préstamo. 


A maiores, dende as titorías fíxose algunha actividade para traballar a prensa, como por exemplo, a redacción de noticias. A continuación deixámosvos unha imaxe do recuncho da prensa e dunha das actividades realizadas en 4ºA para conemorar esta semana.

Recordade que é moi importante estar ben informados/as do que acontece ao noso arredor, non vos esquezades!!


martes, 18 de marzo de 2025

👪Familias lectoras 2º Trimestre👪

Como xa sabedes, co obxectivo de fomentar a lectura coa familia e para integrar as familias no contexto educativo, o equipo de biblioteca propuxo como actividade o programa de Familias Lectoras para este curso escolar. 

Este consiste en que as familias do alumnado poidan ir ao cole para contarlles un conto aos nenos e nenas do grupo do seu fillo ou filla e así poder coñecer e pasar un ratiño agradable con eles. 

Durante o segundo trimestre, houbo varios cursos que abriron as portas da biblioteca ou da súa aula para recibir a familiares, como por exemplo 2ºA, 3ºB ou 4ºA. Queredes ver algunhas fotografías? Disfrutádeas!!


  

 



💜 Día da Muller (8M) 💜

O sábado 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, e ao longo desa semana a biblioteca do noso colexio movilizouse para conmemorar este día. 

O primeiro que fixeron as nosas voluntarias de biblioteca foi pintar e decorar o mural para a entrada do colexio. Este tiña escrito o seguinte lema: "E por que non liberdade?" Quedou moi bonito e colorido!

Dende as titorías tamén fixéronse diversas actividades para traballar este día e para agasallar e salientar ás mulleres máis importantes da nosa vida. 

A maiores, o venres 7 de marzo, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria asistiron a un contacontos sobre a igualdade para darlle visibilidade aos dereitos e oportunidades da muller. 

A continuación, deixámosvos un vídeo con imaxes do alumnado facendo as distintas actividades mencionadas. Desexamos que vos guste!!



martes, 11 de marzo de 2025

💃ENTROIDO NO ALTAMIRA💃

Como xa sabedes, este curso escolar festexamos o entroido no colexio durante a semana do 24 ao 28 de febreiro. Ao longo da semana, o Meco propuxo diversas ordes para vir disfrazado ao colexio.   

O gran día foi o venres 28 de febreiro, onde todo o alumnado e profesorado do colexio, xunto co CRA e o instituto, fixemos o defile de entroido polo pobo igual que todos os anos. Que tradición máis bonita temos en Salceda!!

A temática do entroido partiu do proxecto da biblioteca deste curso. Recordades cal era??

"SE QUERES BAILAR, ÚNETE AO ALTAMIRA QUE A FESTA ESTÁ POR CHEGAR!!"

Tendo en conta este lema, todo o colexio levou un disfrace relacionado coa música e cos bailes, e que ben estaban feitos todos os drisfaces!! Os nenos e nenas de 1º foron de rockeiros; os de 2º de baile tradicional galego; os de 3º de rumbeiros; os de 4º de cantantes de Country; os de 5º de disc-jóckeis e os de 6º de cantantes de música hindi y hippies. 

Todos xuntos saímos do colexio como unha bonita familia. Os de primeiro iniciaron o desfile seguindo aos do CRA, e os do instituto o pecharon, seguindo aos nosos de 6º. Ao finalizalo, volvimos ao colexio e fixemos unha merenda de Entroido contando coa colaboración das familias. Depois, todo o alumnado tivo a sesión de disco. Foi un día marabilloso no Altamira que non imos a esquecer.

A continuación, podedes gozar do seguinte vídeo con fotografías deste Entroido tan bailarín!!





❤ Día de Rosalía de Castro❤

Como xa sabedes, o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro xa que foi cando naceu esta poetisa e escritora galega. 

Dende a nosa biblioteca, organizamos e fixemos diversas actividades para homenaxear a esta muller tan importante na nosa literatura. Unha das actividades consistíu en decorar a entrada do colexio con retratos da autora pintados polo alumnado na biblioteca. 


A maiores, dende cada titoría organizáronse diversas actividades para recordar a nosa escritora máis recoñecida. 

Para rematar, queredes ver un vídeo do alumnado voluntario da biblio traballando no mural? Clicade nel e disfrutádeo. 





📜Día da Poesía 📜

O venres 21 de marzo foi o  Día da Poesía , e os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca fixeron unha entretida actividade para conmemo...