martes, 18 de marzo de 2025

💜 Día da Muller (8M) 💜

O sábado 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, e ao longo desa semana a biblioteca do noso colexio movilizouse para conmemorar este día. 

O primeiro que fixeron as nosas voluntarias de biblioteca foi pintar e decorar o mural para a entrada do colexio. Este tiña escrito o seguinte lema: "E por que non liberdade?" Quedou moi bonito e colorido!

Dende as titorías tamén fixéronse diversas actividades para traballar este día e para agasallar e salientar ás mulleres máis importantes da nosa vida. 

A maiores, o venres 7 de marzo, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria asistiron a un contacontos sobre a igualdade para darlle visibilidade aos dereitos e oportunidades da muller. 

A continuación, deixámosvos un vídeo con imaxes do alumnado facendo as distintas actividades mencionadas. Desexamos que vos guste!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

👧Os futuro alumnado coñece a nosa bibio 👦

Nesta última semana do curso, recibimos no noso colexio unha visita moi especial... Os nenos e nenas de 5 anos do   CRA Raíña Aragonta   vis...