martes, 11 de marzo de 2025

💃ENTROIDO NO ALTAMIRA💃

Como xa sabedes, este curso escolar festexamos o entroido no colexio durante a semana do 24 ao 28 de febreiro. Ao longo da semana, o Meco propuxo diversas ordes para vir disfrazado ao colexio.   

O gran día foi o venres 28 de febreiro, onde todo o alumnado e profesorado do colexio, xunto co CRA e o instituto, fixemos o defile de entroido polo pobo igual que todos os anos. Que tradición máis bonita temos en Salceda!!

A temática do entroido partiu do proxecto da biblioteca deste curso. Recordades cal era??

"SE QUERES BAILAR, ÚNETE AO ALTAMIRA QUE A FESTA ESTÁ POR CHEGAR!!"

Tendo en conta este lema, todo o colexio levou un disfrace relacionado coa música e cos bailes, e que ben estaban feitos todos os drisfaces!! Os nenos e nenas de 1º foron de rockeiros; os de 2º de baile tradicional galego; os de 3º de rumbeiros; os de 4º de cantantes de Country; os de 5º de disc-jóckeis e os de 6º de cantantes de música hindi y hippies. 

Todos xuntos saímos do colexio como unha bonita familia. Os de primeiro iniciaron o desfile seguindo aos do CRA, e os do instituto o pecharon, seguindo aos nosos de 6º. Ao finalizalo, volvimos ao colexio e fixemos unha merenda de Entroido contando coa colaboración das familias. Depois, todo o alumnado tivo a sesión de disco. Foi un día marabilloso no Altamira que non imos a esquecer.

A continuación, podedes gozar do seguinte vídeo con fotografías deste Entroido tan bailarín!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Día da Poesía

O venres 21 de marzo foi o  Día da Poesía , e os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca fixeron unha entretida actividade para conmemo...