xoves, 30 de outubro de 2025

Celebramos o Samaín na biblioteca

Na biblioteca do noso colexio vivimos unha xornada moi especial para celebrar o Samaín!

As voluntarias puxéronse mans á obra e deron renda solta á súa creatividade, creando un fermoso mural no que a protagonista é unha bruxa.

Moitos nenos e nenas visitaron a biblioteca durante esta xornada, na que colorearon, viron algunha película e gozaron de merendas terroríficas.

Non perdades o vídeo co resumo desta celebración tan especial.

Equipo de biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Recomendacións lectoras de Nadal

O Nadal é un momento perfecto para agasallar historias, compartir lecturas e deixar que a imaxinación viaxe todo o lonxe que queiras. Dende ...