venres, 7 de novembro de 2025

FROITOS DO OUTONO

 O alumnado participou na nosa tradicional exposición de "froitos do outono", empregando materiais como cabazas, castañas, landras, follas secas... para crear preciosas composicións.

  Este ano, ademais, o tema do centro levounos ata o espazo: os froitos outonais convertéronse en planetas, foguetes, galaxias...

  Unha exposición chea de creatividade e ledicia, que demostra todo o que se pode facer cando a fantasía e a natureza se unen.

  Esperamos que vos guste o vídeo.


Equipo de Biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

FROITOS DO OUTONO

  O alumnado participou na nosa tradicional exposición de  "froitos do outono",   empregando materiais como cabazas, castañas, lan...