martes, 25 de novembro de 2025

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Este 25 de novembro o noso colexio volveu unirse para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller co lema "Sementemos o amor e erradiquemos a violencia"



As voluntarias de 6º foron as encargadas de deseñar e elaborarar un fermoso mural, situado xusto fronte á biblioteca escolar.  Ademais, o alumnado que asistiu á biblioteca, puido realizar diferentes actividades relacionadas con esta data.















Todas as clases do centro fixeron unha flor especial, onde cada pétalo contiña unha mensaxe relacionada co 25N: palabras de apoio, reflexións sobre a igualdade... No acto, que tivo lugar na praza do Concello, gardouse un minuto de silencio, un momento emotivo e simbólico. Alí estiveron tamén expostas todas as flores feitas polo alumnado, enchendo a praza de cor e significado.

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares xunto co Concello de Salceda de Caselas convocaron a participación voluntaria nun concurso. O concurso consistiu na elaboración dun cartel cun debuxo e cun lema, en galego, que xirase en torno á eliminación da violencia contra as mulleres. Houbo un gañador/a por cada nivel, o cal recibiu unha bolsa de tea coa súa proposta artística impresa. Os agasallos foron entregados durante o acto realizado o mesmo día na praza.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que podedes ver ao alumnado traballando na biblioteca, o acto na praza do Concello...


"Por un mundo sen violencia, no que cada voz e cada soño sexa respectado e valorado: hoxe lembramos, hoxe loitamos, hoxe construímos igualdade."


Equipo de Biblioteca

xoves, 20 de novembro de 2025

DÍA DA INFANCIA

20 de novembro foi o Día Mundial da Infancia, para celebralo, o alumnado de 6º de Primaria creou un mural que lucirá durante unhas semanas xusto diante da nosa biblioteca. 


Este día, alumnado e profesorado, puido acudir en pixama ao colexio como acto conmemorativo. Esta iniciativa xurdiu fai seis anos para reivindicar o dereito das nenas e nenos a crecer en familia, xa que o pixama está asociado a momentos como ler antes de durmir, recibir un bico de boas noites...

                                Todas as nenas e nenos merecen crecer felices.

Equipo de Biblioteca

venres, 14 de novembro de 2025

Sabidiña dalle a benvida ao alumnado de 1º de Primaria

Hoxe visitounos a nosa querida Sabidiña, a formiga máis sabia, curiosa e divertida do cole, visitounos para darlle a benvida ao alumnado de 1º
Sabidiña é unha formiga moi traballadora: adora os libros, explora cada estantería e sempre anda na busca de novas historias que contar. 
Cando menos o esperedes, verédela de novo. Está encantada de acompañarvos no voso primeiro gran ano como lectores.

Equipo de Biblioteca
 

venres, 7 de novembro de 2025

FROITOS DO OUTONO

 O alumnado participou na nosa tradicional exposición de "froitos do outono", empregando materiais como cabazas, castañas, landras, follas secas... para crear preciosas composicións.

  Este ano, ademais, o tema do centro levounos ata o espazo: os froitos outonais convertéronse en planetas, foguetes, galaxias...

  Unha exposición chea de creatividade e ledicia, que demostra todo o que se pode facer cando a fantasía e a natureza se unen.

  Esperamos que vos guste o vídeo.


Equipo de Biblioteca

xoves, 30 de outubro de 2025

Celebramos o Samaín na biblioteca

Na biblioteca do noso colexio vivimos unha xornada moi especial para celebrar o Samaín!

As voluntarias puxéronse mans á obra e deron renda solta á súa creatividade, creando un fermoso mural no que a protagonista é unha bruxa.

Moitos nenos e nenas visitaron a biblioteca durante esta xornada, na que colorearon, viron algunha película e gozaron de merendas terroríficas.

Non perdades o vídeo co resumo desta celebración tan especial.

Equipo de biblioteca

luns, 27 de outubro de 2025

Bibliotecas Escolares: 24 de outubro

O 24 de outubro, as nosas mestras de música ofreceron unhas actuacións espectaculares na biblioteca do colexio. Durante o tempo de lecer, puidemos desfrutar de bandas sonoras de películas do espazo, que nos transportaron a universos cheos de aventuras e emocións. 

Para rematar, as profesoras acabaron cunha peza temática de Samaín, creando unha atmosfera divertida  e chea de misterio que encantou a todo o alumnado. 

Aquí podedes ver o vídeo das actuacións.

venres, 24 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas 2025

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema "Contra a desinformación: Bibliotecas" As bibliotecas son espazos de confianza, onde atopamos información fiable, aprendemos a contrastar fontes e compartimos coñecemento. Queremos dar as grazas ás nosas voluntarias e voluntarios polo seu entusiasmo, creatividade e colaboración constante. Grazas a vós, a nosa biblioteca é un lugar máis vivo, solidario e cheo de ideas. As bibliotecas fan comunidade. As bibliotecas fan futuro.
Equipo de Biblioteca

NOVIDADES DE OUTONO

Este outono, a biblioteca está chea de novas historias para descubrir. Temos lecturas de Samaín, cheas de misterio e diversión, e tamén aventuras espaciais para viaxar máis alá das estrelas. Bruxas, robots, planetas e moita imaxinación vos esperan. Tócavos elixir a vosa próxima lectura de outono!
Equipo de biblioteca

venres, 3 de outubro de 2025

As mochilas viaxeiras xa están de camiño!

Atención lectores e lectoras! As Mochilas Viaxeiras xa están listas para comezar unha nova aventura. Libros, contos, revistas... saen da biblioteca para encher os fogares de historias e bos momentos en familia.

Esperamos que desfrutedes moito esta experiencia e que cada mochila regrese cargada de historias, debuxos e emocións.

Felices lecturas viaxeiras!

Equipo de Biblioteca





venres, 19 de setembro de 2025

Benvidos e benvidas ao novo curso!

 Comezamos un novo curso con moita ilusión, e a nosa biblioteca está chea de novidades. Animádevos a visitala para desfrutar de todos os nosos libros, recunchos e actividades que temos preparadas para vós.


 

Lembrade que ler é soñar cos ollos abertos e en cada libro atopamos unha porta máxica a outros mundos.

A por un ano cheo de aprendizaxes e bos momentos de lectura!

Un saúdo dende o equipo de biblioteca


                   
                                                


Grazas, voluntariado da biblioteca!

Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026 . Este vídeo é...