martes, 25 de abril de 2023

📕 Día do Libro 2023 📗

Que sería de nós sen os libros? Aquí deixámosvos unha mostra das actividades organizadas na Bibliosabidiña con motivo do Día do Libro. Tivemos contacontos, entrega de agasallo, obradoiro de marcapáxinas e apadriñamentos. Uns días frenéticos!




 



luns, 24 de abril de 2023

🏡 Visita do autor Pere Tobaruela 🏡

  Recibimos a visita do autor Pere Tobaruela. Compartimos bos momentos e experiencias literarias xuntos. Esperamos volver a velo pronto polo noso cole. Moitas grazas!



xoves, 20 de abril de 2023

🏝 Venres de contacontos Daniel Pirata 🏝

Os venres facemos contacontos en Bibliosabidiña. Nesta ocasión Irene e María deleitáronnos coa historia de Daniela Pirata. Moitas grazas a todos!


 


mércores, 12 de abril de 2023

Os xoves musicais de abril

 Velaquí unha mostra dun dos nosos xoves musicais. Moitas grazas a todos os que participáchedes!


 

luns, 3 de abril de 2023

O club de lectura de quintos

  En marzo fixemos unhas xornadas de convivencia co voluntariado de quinto curso. Compartimos moitas experiencias de lectura e diversión. Unhas xornadas inolvidables. Moitas grazas por participar!




🏅 Premios Guasgalegando de marzo 🏅


E velaquí, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os premiados do concurso Guasgalegando do mes de marzo. Moitas grazas a todos os que participáchedes e parabéns aos premiados!


 


mércores, 22 de marzo de 2023

❤ Día da poesía ❤


Este 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Poesía, cos nosos voluntarios de quinto nivel. Deixámosvos un video resumo e os audios do recitado de diferentes poemas. Esperamos que vos gusten e moita poesía para todos!


venres, 17 de marzo de 2023

Día da banda deseñada

 Hoxe é 17 de marzo e conmmemórase o Día da banda deseñada e na biblio temos moitos libros neste formato, anímate a lelos!



xoves, 16 de marzo de 2023

❀ Colaboración Xornadas da Camelia ❀

Os nosos voluntarios colaboraron con esta camelia para a XIV Edición das Xornadas da Camelia, que teñen lugar no noso concello esta fin de semana. Esperamos que vos guste!




martes, 14 de marzo de 2023

🎖 Premios de cine 🎖

 E seguimos traballando o noso proxecto O Cine, neste caso a través dunha exposición de premios "Goya", por parte do alumnado de 5ºA.


 

xoves, 9 de marzo de 2023

📑 Semana da Prensa 📑

 Do 5 ao 9 de marzo traballamos a prensa cos nosos voluntarios. Que importante é estar informados do que acontece ó noso arredor e, sobretodo, que importante e complexo é estar ben informado. Con estas actividades quixemos visibilizar e resaltar a importancia da prensa nas nosas vidas.





🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅

Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso.  Dende o equipo...