martes, 3 de xuño de 2025

💙Letras Galegas 💙

Como xa sabedes, o 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas. Este ano dedicado á poesía popular e ás Cantareiras. 

Por ende, a semana do 12 ao 16 de maio fixemos no colexio diversas actividades para conemorar a nosa lingua e cultura. Houbo unha exhibición do Rancho da Feira, unha sesión de maxia das letras, un obradoiro de instrumentos con material de refugallo e un contacontos dirixido por Caxoto. 

A maiores, o xoves e o venres organizáronse os festivais de Letras Galegas. Tivemos unha semana chea de cultura e de lingua galega no noso centro. 

Dende biblioteca, as nosas voluntarias encargáronse de debuxar e pintar o cartel de Letras Galegas 2025 para expoñer na entrada do colexio. 


A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías desta semana de letras no colexio Altamira. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅

Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso.  Dende o equipo...