martes, 3 de xuño de 2025

👥Club de lectura 6º👥

O martes 20 de maio celebrouse o Club de Lectura co alumnado de 6º de primaria na biblioteca.  

Despois da mañá, o alumnado quedou a comer no colexio. Ao rematar a comida, recordaron os argumentos  dos libros "Bala perdida" de Manuel Rivas e "A Señorita Bubble" de Ledicia Costas.

Para rematar a tarde, fixeron unha búsqueda do tesouro por grupos con preguntas acerca dos libros. O alumnado pasou unha tarde entretida e diferente no colexio. 


A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías do alumnado de 6º no Club de Lectura. Gracias por vir e por compartir lecturas nenos e nenas!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

FROITOS DO OUTONO

  O alumnado participou na nosa tradicional exposición de  "froitos do outono",   empregando materiais como cabazas, castañas, lan...