martes, 10 de xuño de 2025

👪 Familias lectoras 3º trimestre👪

Como xa sabedes, co obxectivo de fomentar a lectura coa familia e para integrar as familias no contexto educativo, o equipo de biblioteca propuxo como actividade o programa de Familias Lectoras para este curso escolar. 

Este consiste en que as familias do alumnado poidan ir ao cole para contarlles un conto aos nenos e nenas do grupo do seu fillo ou filla e así poder coñecer e pasar un ratiño agradable con eles. 

Durante o terceiro trimestre, houbo varios cursos que abriron as portas da biblioteca ou da súa aula para recibir a familiares, como por exemplo 2ºC, 3ºB ou 4ºA. Queredes ver algunhas fotografías? Desexamos que vos gusten. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Visita de Anxo Fariña

Anxo Fariña é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego. O alumnado de 5º C  e de 5º D tivo a sorte de poder l...