Como cada 23 de febreiro, quixemos homenaxear á nosa galega máis ilustre, Rosalía de Castro. Estes son algúns dos traballos que fixeron os voluntarios co gallo de tan sinalada data. Esperamos que vos gusten!
Como cada 23 de febreiro, quixemos homenaxear á nosa galega máis ilustre, Rosalía de Castro. Estes son algúns dos traballos que fixeron os voluntarios co gallo de tan sinalada data. Esperamos que vos gusten!
Deixámosvos unha mostra do que pasa os xoves na nosa Bibliosabidiña. Potenciamos a linguaxe expresiva na súa vertente máis emocional e a posta en valor dese tesouro que a ninguén deixa indiferente: a música.
Deixámosovos un video que reflexa o moito que traballaron os nosos voluntarios de Bibliosabidiña para que todo estivera a punto para a gran festa do Entroido, uha mostra dos disfraces de tódolos niveis e a entrega de agasallos con motivo do 14 de febreiro. Moitas grazas a todos por colaborar e boas vacacións cheas de diversión!
O 11 de febreiro é unha iniciativa cidadá para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, para visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). Co gallo desta data, unhas nais químicas, viñeron a ofercernos uins experimentos do máis sorprendentes a todo o alumnado de segundo curso. Moitas grazas a todas e a seguir investigando!
O 30 de xaneiro, como cada ano, conmemoramos o Día da Paz. Para esta data tan importante, dende Bibliosabidiña levamos a cabo varias actividades como:
O mural "Pecha os ollos e pensa na paz, que ves?, no que o alumnado expresouse libremente sobre o tema, o ´"Buzón dos pensamentos bonitos", no que o alumnado escribiu ou debuxou algo bonito a outro compañeiro. Tamén fixemos un recitado de poemas a cargo dos voluntarios de 6º B e un contacontos a cargo de Marta e María, de 5º D.
Estes foron os nosos pequenos xestos, aínda que sabemos, a paz debémola cultivar tódolos días do ano. Velaquí deixámosvos unha mostra das actividades:
Do 23 ao 30 de xaneiro fixemos unhas xornadas de convivencia co voluntariado de sexto curso. Compartimos moitas experiencias de lectura e diversión. Unhas xornadas inolvidables. Moitas grazas por participar!
Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso. Dende o equipo...