mércores, 3 de abril de 2024

📖Visita de Abraham Carreiro📖

O día 12 de marzo, o alumnado de 6º A e de 6º C recibiron unha visita moi importante... Adiviñades quen foi? 

O debuxante e escritor galego Abraham Carreiro visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata". 

Tanto os nenos e nenas de 6º como o autor pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran, ensinando os traballos que fixeron, e debuxando algúns dos personaxes do libro. 

Para finalizar a visita, Abraham dedicoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca. 


No seguinte vídeo podedes ver as fotografías desta quedada tan entretida. Moitas gracias pola visita Abraham, ata a próxima!!



💟8M e mércores de contacontos💟

O venres 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, e no colexio Altamira reivindicamos os dereitos da muller baixo o lema: 

"As mulleres que deixan pegada en mi"

Dende a nosa biblioteca colocamos na entrada do colexio un mural para que todo o alumnado colocara a súa man co nome da muller que lles deixa pegada. As voluntarias e os voluntarios da biblioteca foron os encargados de deseñar e decorar o mural. 

A maiores, durante o recreo o alumnado que asistíu á biblioteca puido pintar e decorar debuxos de mulleres ou tamén ler os libros relacionados con esta temática colocados no expositor do 8M. 

É importante sinalar que dende cada unhas das titorías fixéronse actividades diferentes para traballar e darlle visibilidade ao día da muller. Algunhas das actividades foron a participación nun Scaperoom ou a realización dun contacontos.

A continuación deixámosvos a ligazón a un vídeo con imaxes do alumnado traballando durante este día tan importante para a sociedade. 

Aproveitando o 8M, o 20 de marzo, as voluntarias da biblioteca fixeron un mércores de contacontos na biblioteca sobre o conto "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa" de Patricia Fitti. 

Na seguinte ligazón podedes visualizar as imaxes deste mércores de contacontos no Altamira. 

mércores, 20 de marzo de 2024

📰 Semana da prensa 📰

O mes de marzo comezou coa conmoración da Semana da Prensa dende o luns 4 ata o venres 8 de marzo. 

Na nosa biblioteca fíxose, coa colaboración do alumnado voluntario, un recuncho da prensa con distintos xornais para que o alumado consultara cando quixera, e un recuncho con revistas para ler. 

Dende as titorías e durante os recreos desa semana, o alumnado puido visitar a biblioteca de Sabidiña para facer actividades relacionadas coa prensa ou simplemente ler prensa. 

Moitas gracias ao noso alumnado voluntario por traballar tanto!!






💟 Día de Rosalía de Castro 💟

O venres 23 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro, e no colexio Atamira conemoramos este día facendo diferentes actividades. 

O alumnado de 6º de primaria foi pasando polas clases para contarlles aos máis pequenos quen era Rosalía e datos relevantes da súa vida personal e profesional como escritora. Así, todo o alumnado do colexio puido saber un pouco máis da súa biografía. Os máis maiores do colexio, tamén preparon a ofrenda floral na rúa do colexio, xa que é Rosalía de Castro quen lle da nome. 

Dende a biblioteca de Sabidiña fixéronse obradoiros para traballar a Rosalía. Un deles consistíu en pintala con pincel e témperas. Mirade o resultado, que ben quedou!!

Por último, e non menos importante, cada nivel fixo algunha actividade especial para conmemorar este día, como por exemplo a elaboración de caligramas en terceiro.

Deixámosvos a continuación un vídeo con imaxes das distintas actividades realizadas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, un referente para a cultura e a lingua galega. 






mércores, 13 de marzo de 2024

👬Voluntariado e Club de Lectura de 5º👭

No mes de xaneiro o alumnado voluntario do 5º curso comezou a colaborar e a traballar na biblioteca. Comezaron o seu voluntariado contando coa axuda e apoio dos voluntarios de 6º para que observaran como traballaban e así poder vivenciar o que tiñan que facer durante cada día da semana. 

Depois do entroido, o alumnado voluntario de 5º e 6º comezaron a alternar as súas funcións. Desta meneira, unha semana lle toca a un curso e a seguinte ao outro curso. Os alumnos e alumnas están divididos en pequenos grupos para que todos poidan colaborar e participar activamente nas actividades realizadas dende a biblioteca.

Todos están traballando moito para contribuir a que non se paren de facer cousas na biblioteca de Sabidiña!! Moitas gracias a todos e todas por colaborar, sodes fantásticos!!







mércores, 6 de marzo de 2024

📖Mércores de contacontos 📖

Para finalizar o mes de febreiro, o alumnado voluntario da biblioteca encargouse do contacontos do último mércores do mes.

As nosas voluntarias de sexto elixiron o conto ¡Ai, que lista é miña nai! de Ricardo Alcántara e Emilio Urberuaga. Elas foron as encargadas de preparar a lectura e de representar o conto ao resto do alumnado do colexio, sobre todo aos máis pequenos. 

Deixámosvos a continuación un vídeo con fotos deste magnífico mércores de contacontos no Altamira. 

Gracias por lernos!!





🎭 ENTROIDO 🎭

Este ano, no mes de febreiro tamén festexamos o entroido no colexio Altamira. Durante a semana do 5 ao 9 de febreiro, o meco deste ano propuxo ao alumnado e profesorado do colexio diferentes ordes para vestir e alegrar a semana de entroido. Finalizamos a semana disfrazados libremente e disfrutando nunha sesión de discoteca moi divertida. 

Ao principio íamos a facer o desfile polas rúas de Salceda o venres 9 pero, debido as condicións meteorolóxicas, tivemos que aplazalo para o venres 16. 

O defile por Salceda contou coa participación do CRA, do instituto e do noso colexio. Todo o alumnado e profesorado ía disfrazado, e houbo moita xente seguíndonos e disfrutando con nós. 

A temática do entroido deste ano partiu do proxecto da biblioteca deste curso. Recordades cal era??

"DE PEKÍN A PARÍS, OS XOGOS OLÍMPICOS XA ESTÁN AQUÍ"

Tendo en conta este lema, todo o colexio levou un disfrace relacionado coas olimpiadas, e que ben estaban feitos todos os drisfaces!! O alumnado de 1º foi de antorchas; o de 2º de esquiadores e esquiadoras; o de 3º de Phryge (a mascota olímpica deste ano); o de 4º de medallas; o de 5º de judo e o de 6º de tiro con arco. 

Todos xuntos saímos do colexio como unha bonita familia. Os de primeiro iniciaron o desfile, seguindo aos do CRA, e os do instituto o pecharon, seguindo aos nosos de 6º. Ao finalizalo, volvimos ao colexio e fixemos uinha merenda contando coa colaboración das familias. Depois, todo o alumnado tivo a sesión de disco. Foi un día marabilloso no Altamira que non imos a esquecer. 




A continuación deixámosvos un vídeo con imaxes do entroido deste ano. Desexamos que vos guste. Gracias a todos e todas por acompañarnos.








mércores, 28 de febreiro de 2024

💛 15 de febreiro 💛

Despois de conmemorar o día do amor e da amizade, o día 15 de febreiro conmemorouse no primeiro nivel do Altamira o Día Internacional do Cancro Infantil
Os máis cativos do colexio e as súas mestras fixeron e decoraron lazos de cor amarela con mensaxes bonitas e motivadoras para apoiar aos nenos e nenas que padecen esta enfermidade. 

Despois, formaron un corazón amarelo con tódolos lazos no corredor do seu nivel. 

Aquí tedes imaxes deste acto emotivo que fixeron os máis pequenos do Altamira. 




💘14 de febreiro 💘

Xa líchedes no último post que durante o mes de febreiro conmemórase o día da nena na ciencia, o día da radio e tamén... o día de San Valentín. O 14 de febreiro celebrouse no Altamira o día do amor e da amizade. De que maneira?

O equipo de dinamización lingüística, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou un concurso para todo o alumnado do centro chamado: E PORQUÉ NON EN GALEGO?

Voluntariamente, o alumnado tivo que redactar e adornar unha mensaxe con contido que amosara agarimo e afecto cara outra persoa. A mensaxe tiña que ser en galego, ademais de ser unha mensaxe orixinal e persoal. Houbo un gañador ou gañadora en cada un dos cursos, quenes obtiveron un lote de material escolar. 

Aquí tedes as imaxes das mensaxes gañadoras do concurso e a exposición de todas elas na entrada do colexio. Moitas gracias a todos e todas por participar!! Sodes uns e unhas artistazas!!






mércores, 21 de febreiro de 2024

🔬Día da Ciencia e da Radio📻

Febreiro é un mes de varias conmemoracións. Non so é o mes do amor e da amizade, senón tamén un mes para destacar ás mulleres e nenas na ciencia e a radio. 

O 11 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e todos os xoves hai na biblioteca un obradoiro de construcción co obxectivo de potenciar a creatividade do noso alumnado. Realízase durante o recreo e o seu obxectivo é que os nenos e nenas poidan construir diferentes figuras con pezas lego poñendo en práctica a súa destreza e imaxinación. Teremos nós algunha nena científica no Altamira?

                                                                                         

A continuación, deixámosvos un catálogo de libros relacionados coa temática das mulleres na ciencia para que poidades ler ou consultar cando queirades. Todos eles están dispoñibles na biblio. 

Ademáis, o 13 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Radio e, dende a biblioteca do CEP Altamira queremos por en valor o grandísimo traballo e labor que o Equipo de Radio fai no noso centro. Sempre están implicados para que o noso alumnado poida crear e despois grabar o seus propios podcast. Encántanos facer podcast e encántanos Radio Altamira, A NOSA RADIO!!

Se queredes escoitar os podcast que o noso alumnado graba, podedes acceder á nosa radio na seguinte ligazón de Ivoox.


mércores, 7 de febreiro de 2024

📖Contacontos e Guasgalegando📞

Os mércores é dia de facer contacontos na biblioteca, e o pasado mércores 31 de xaneiro algunhas das nosas voluntarias da biblio fixeron un sobre o conto "Monstruo Rosa" de Olga de Dios. 

Elas encargáronse de preparar a lectura, a vestimenta e de ir avisando a todo o alumnado do cole para que asistiran ao evento. Fixérono moi ben!! 

Mentres algunhas alumnas lían o conto, outras o representaban. Aos nenos e nenas encantoulles!! Moitas gracias polo voso traballo voluntarias!!

A continuación, deixámosvos o vídeo para que poidades ver fotos da actividade. 



Para rematar este post, queremos deixar algunhas fotos dos alumnos e alumnas que gañaron o Guasgalegando durante o primeiro trimestre. Cada un deles gañaron unha chapa!! Parabéns ao gañador e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!!




🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅

Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso.  Dende o equipo...