venres, 27 de outubro de 2023

🐜 Visita de Sabidiña!! 🐜

Onte, día 26 de outubro, o alumnado do primeiro curso recibiu unha visita moi especial para conmemorar o día dos pequenos lectores. Sabedes quen foi?? Sabidiña!!! 

Recordade que Sabidiña é a macota da nosa biblioteca e onte, con moita alegría e ilusión, estivo no seu lugar favorito entregando agasallos a cada clase, e enchendo de sorrisos e sorpresas aos máis pequenos do cole. 

Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos e contentos coa visita da nosa Sabidiña. 










mércores, 25 de outubro de 2023

🎃 Novidades de Samaín 🎃

Onte, día 24 de outubro, foi o día das Bibliotecas Escolares. Para conmemorar este día tan importante, o alumnado voluntario do CEIP Altamira fixo moitos traballos orixinais. A continuación, deixámosvos unhas fotos para que vexades ao alumnado voluntario traballando na biblioteca. 





A maiores, no mes de outubro ademais de celebrar o día das Bibliotecas Escolares tamén conmemoraremos... o Samaín!! Para iso, a biblioteca de Sabidiña estará chea de novidades terroríficas e entretidas para que o noso alumnado as desfrute. 

A continuación, tedes algúns exemplos dos libros que vos podedes atopar na biblio durante os próximos días.




mércores, 18 de outubro de 2023

📘 Mes de bibliotecas escolares e Día das Escritoras📘

Outubro, ademáis de ser o mes do Samaín e do Magosto, tamén é o mes de conmemoración das bibliotecas escolares. 

Por ende, dende a biblioteca do CEP Altamira comezamos esta celebración coa inauguración das... MOCHILAS VIAXEIRAS!!! Estas mochilas viaxarán durante todo o curso a cada unhas das casas do alumnado para poder ler coas familias os libros tan interesantes e máxicos que contén. 




Como podedes ver nas seguintes imaxes, o alumnado quedou contentísimo!!





Ademáis, o venres 16 de outubro conmemorouse o Día das Escritoras na biblio de Sabidiña co obxectivo de apoiar e reivindicar a labor e o legado de todas as mulleres que senten paixón e admiración pola escritura. 



A continuación, deixámosvos enlaces directos a algúns dos podcast que grabaron as voluntarias da biblioteca!!






mércores, 4 de outubro de 2023

📕 Inauguramos a biblioteca!! 📕

Hoxe abrimos as portas da biblioteca de Sabidiña para darlle a benvida ao alumnado a este novo curso escolar 2023-2024.

Os nenos e nenas do cole puideron asistir á inauguración da biblioteca onde houbo un pequeno concerto protagonizado por profesorado do centro.

A partir de hoxe, as portas da biblio de Sabidiña quedarán abertas no recreo para poder participar nas actividades programadas polo voluntariado de biblioteca e realizar o préstamo de libros. 

Comezamos o curso escolar con moitas ganas, ilusión e novidades na biblioteca do Altamira!!






A continuación, deixámosvos o vídeo coas actuacións. Foi xenial!!













xoves, 29 de xuño de 2023

Recomendacións para o verán

 Xa temos aquí as recomendacións da biblioteca para este verán. Disfrutade das cosas vacacións con un bo libro nas mans. 




venres, 9 de xuño de 2023

🎁 Agasallos Bibliotecas Escolares 🎁


Que sería de Bibliosabidiña sen os seus voluntarios? Dende Bibliotecas Escolares enviáronnos uns agasallos para os nosos alumnos. Moitas grazas a todos!




 

martes, 6 de xuño de 2023

🎤 Colaborando con Radio Altamira 🎤

Aínda non participaches no concurso "O Podcast do mes"? Aínda estades a tempo este mes, animádevos a participar!


 

venres, 2 de xuño de 2023

📗 Contacontos dos venres 📗

Este venres, Irene, María e Laura, voluntarias de sexto curso, deleitáronnos co contacontos do libro XA VOOOUUU! Velaquí unha mostra do seu traballo. Moitas grazas a todas!


 

👧 Contacontos na Galiña Azul 👦


 As voluntarias de sexto María, Laura, Vera, Irene Iglesias e Irene Gómez levaron o conto XA VOOOUU! á escola infantil A Galiña Azul. Deixámosvos unha mostra e esperamos que vos guste! Moitas grazas a todos!

 

 


martes, 30 de maio de 2023

🏡 Visita de Andrea Maceiras 🏡

Hoxe o alumnado de 6º A, 6º B e 6º C recibiu a visita de Andrea Maceiras, autora, entre outras obras, da nosa lectura deste curso Alma de elefante. Pasamos moi bos momentos, descubrindo que alma tiñamos cada un, escoitando a súa experiencia como escritora ou adicándonos os nosos libros. Todo un placer contar coa súa visita. Esperamos volver a vela pronto polo cole para compartir novas lecturas e aventuras!





🔖 Letras Galegas 2023 🔖

Este 17 de maio adicouse o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, que foi un intelectual e un dos fundadores da Editorial Galaxia. Sabías que foi inspirador do primerio Día das Letras Galegas, fai 60 anos? E que tamén foi presidente da Real Academia Galega? Aquí deixámosvos unha pequena mostra das actividades feitas polos voluntarios de 5ºA e 5º B de Bibliosabidiña.




🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅

Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso.  Dende o equipo...