mércores, 7 de febreiro de 2024
📖Contacontos e Guasgalegando📞
mércores, 31 de xaneiro de 2024
♡ Día da Ilustración e da Paz ♡
Onte, 30 de xaneiro, conmemorouse no colexio o Día da Ilustración e mais o Día da Non Violencia e da Paz. Por iso, dende a biblioteca fixéronse diferentes actividades relacionadas.
O día da Ilustración celébrase como cada ano o 30 de xaneiro, coincidiendo co nacemento de Castelao. Este ano 2024 homenaxeouse ao ilustrador histórico galego CHICHI CAMPOS. Dende a nosa biblioteca, as voluntarias Eire e Mei fixeron un podcast na nosa radio (Radio Altamira) para falar dunhas das súas ilustradoras favoritas: PAULA CHESHIRE.
A continuación, deixámosvos a ligazón ao podcast de Paula Cheschire e un agradecemento para as nosas voluntarias por facer esta actividade.
Ademais do día da Ilustración, o 30 de xaneiro tamén foi día de conmemorar a Non Violencia e a Paz. Dende a nosa biblioteca traballamos o conto "Lo que no le gusta a la guerra" e as nosas voluntarias Candela e Ángela F. presentaron un podcast sobre este conto traballado. Queredes escoitalo? Se a resposta é SI podedes clicar na seguinte ligazón para escoitalo: Podcast "O que non lle gusta á guerra".
Podedes ver no seguinte vídeo algunhas fotos das actividades realizadas na biblio para conmemorar o día da Paz.
Para rematar este post, queremos deixarvos a variedade de contos relacionados coa temática da Paz que están dispoñibles na nosa biblioteca. Desexamos que vos gusten!! Gracias por lernos!!
mércores, 17 de xaneiro de 2024
📖 Visita de Esteban Souto📖
mércores, 10 de xaneiro de 2024
💚3 DE DECEMBRO💜
Decembro foi un mes cargadiño de datas importantes ademais do Nadal.
O 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Por ende, desde a biblioteca do Altamira traballamos o libro "Pedro o piloto de Gaivotas" co alumnado voluntario da biblioteca.
Despois de ler o libro, fixemos un mural e un debuxo da portada lo libro para darlle visibilidade a este día e ás persoas que presentan algún tipo de discapacidade.
Deixámosvos un vídeo con fotos do alumnado voluntario traballando. Gracias por lernos!!
xoves, 21 de decembro de 2023
🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄
Este Nadal, dende a biblioteca do colexio fíxose como tódolos anos o Concurso de Postais para que o alumnado de todos os niveis puidera participar voluntariamente.
O alumnado participou moito e fixeron postais moi orixinais e navideñas!! Esta semana, o xurado do concurso elexiu as postais gañadoras de cada curso. Cada gañador e gañadora obtivo como regalo un libro personalizado, tendo en conta os seus gustos lectores. Que xurado máis xeneroso!!
A continuación, deixámosvos unha imaxe cos nomes dos gañadores e gañadoras e as postais premiadas.
Gracias a todos e todas as que participáchedes e parabéns aos gañadores e gañadoras do concurso!!
Feliz Nadal e próspero ano novo, familias!! Vémonos á volta!!
mércores, 20 de decembro de 2023
📚🎅Lecturas recomendadas e Novidades de Nadal 📚🎅
O mes de decembro xa chegou e as vaccacións de Nadal están moi cerca... Por este motivo, dende a biblioteca de Sabidiña fixemos unha selección de lecturas recomendadas para cada curso.
Así que... agora que comeza o Nadal, podémoslle pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos estes libros tan orixinais e divertidos. Non vos esquezades deles, porque á volta os leremos durante o momento lector todos e todas xuntas!! Desexamos que vos gusten estas recomendacións!!
Deixámosvos a continuación o enlace para que poidades ver estas recomendacións para cada curso en formato pdf!!
Para rematar este post, querémosvos ensinar algunhas das novidades lectoras dispoñibles na biblioteca para este Nadal. Cando queirades podedes ir no recreo ou durante a sesión de préstamo lector para poder lelos e consultalos. Desexamos que vos gusten!!
Bo Nadal a todos e todas dende a biblioteca do Altamira e gracias por lernos!!
mércores, 13 de decembro de 2023
📖 Contacontos no CRA 📖
- "O moco máis rico do mundo".
- "Luuume!
- "Pero que terá Tomasa?".
💟 25 DE NOVEMBRO💟
O mes de Novembro foi un mes de celebracións na bilioteca do Altamira!!
Como xa sabedes, o 25 de Novembro foi o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alumnado voluntario da bilioteca de Sabidiña traballou moito e fixo diferentes carteis e debuxos para decorar o colexio con motivo desta data tan significativa.
Adornaron o colexio con carteis reivindicando a eliminación de estereotipos de xénero. Algúns exemplos destes lemas foron:
- "As cores non teñen xénero".
- "Os deportes non teñen xénero".
mércores, 15 de novembro de 2023
📚 Club de lectura 6º 📚
🎃 Obradoiro de Samaín 🎃
mércores, 8 de novembro de 2023
🌰 Exposición de froitos de outono 🌰
A semana pasada o alumnado do Altamira fixo unha exposición grandiosa de obras de arte sobre os Xogos Olímpicos, temática do proxecto deste ano, utilizando como recurso principal os froitos de outono (landras, castañas, follas...). Esta iniciativa organizouse coa colaboración do equipo de Dinamización da Lingua Galega e tamén coa do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
O alumnado foi moi participativo, xa que fixeron cousas moi orixinais e creativas. Deixámosvos a continuación un vídeo con algúns exemplares destas marabillosas creacións.
Gracias ao alumnado, profesorado e as familias pola súa colaboración!!
Grazas, voluntariado da biblioteca!
Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026 . Este vídeo é...
-
Durante o primeiro trimestre, algúns alumnos e alumnas de 4ºB decidiron preparar e representar un contacontos. O libro que decidiron represe...
-
Un ano máis, a Biblioteca Escolar do centro, pon en marcha o noso xa tradicional Concurso de Postais de Nadal, unha actividade que busca pr...










