martes, 23 de decembro de 2025
Entrega de premios do concurso de postais
luns, 22 de decembro de 2025
Concurso de postais de Nadal na biblioteca do Altamira
Un ano máis, a biblioteca do Altamira celebrou o tradicional Concurso de postais de Nadal, cunha magnífica participación do alumnado.
Baixo a temática "Universo/Nadal", as postais tiñan que presentarse en galego, destacando pola súa orixinalidade e creatividade. O resultado foi unha colección de traballos cheos de cor, imaxinación e mensaxes cargados de maxia.
Tras unha difícil deliberación, debido ao alto nivel, oito foron as postais gañadoras. No festival de Nadal celebrado o último día de curso, as persoas premiadas recibiron un pequeno agasallo como recoñecemento ao seu traballo e creatividade. Na seguinte imaxe aparecen as gañadoras do concurso, ás que felicitamos, así como a todo o alumnado participante polo seu entusiasmo e implicación.
Bo Nadal e felices lecturas!
xoves, 18 de decembro de 2025
Recomendacións lectoras de Nadal
O Nadal é un momento perfecto para agasallar historias, compartir lecturas e deixar que a imaxinación viaxe todo o lonxe que queiras.
Dende a biblioteca do CEP Altamira fixemos unha selección de libros recomendados para cada nivel educativo, pensados para desfrutar na clase, na casa ou en familia. Porque é mellor compartir que competir: hai estrelas para todos.
venres, 5 de decembro de 2025
Club de Lectura de 6º
O Club de Lectura de 6º mergullouse esta semana nun marabilloso libro de Ledicia Costas "A señorita Bubble".
mércores, 3 de decembro de 2025
3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade
venres, 28 de novembro de 2025
Comeza o XIII Concurso de Postais de Nadal!
Un ano máis, a Biblioteca Escolar do centro, pon en marcha o noso xa tradicional Concurso de Postais de Nadal, unha actividade que busca promover a creatividade, a expresión artística e o uso da nosa lingua entre o alumnado.
No documento PDF que vos achegamos a continuación, podedes consultar todas as bases do concurso, así como os prazos e indicacións necesarias para participar.
Pinchade aquí: Descargar bases do concurso (PDF)
Agardamos con ilusión as vosas creacións!
Equipo de Biblioteca
martes, 25 de novembro de 2025
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
xoves, 20 de novembro de 2025
DÍA DA INFANCIA
venres, 14 de novembro de 2025
Sabidiña dalle a benvida ao alumnado de 1º de Primaria
venres, 7 de novembro de 2025
FROITOS DO OUTONO
O alumnado participou na nosa tradicional exposición de "froitos do outono", empregando materiais como cabazas, castañas, landras, follas secas... para crear preciosas composicións.
Este ano, ademais, o tema do centro levounos ata o espazo: os froitos outonais convertéronse en planetas, foguetes, galaxias...
Unha exposición chea de creatividade e ledicia, que demostra todo o que se pode facer cando a fantasía e a natureza se unen.
Esperamos que vos guste o vídeo.
Equipo de Biblioteca
xoves, 30 de outubro de 2025
Celebramos o Samaín na biblioteca
Na biblioteca do noso colexio vivimos unha xornada moi especial para celebrar o Samaín!
As voluntarias puxéronse mans á obra e deron renda solta á súa creatividade, creando un fermoso mural no que a protagonista é unha bruxa.
Moitos nenos e nenas visitaron a biblioteca durante esta xornada, na que colorearon, viron algunha película e gozaron de merendas terroríficas.
Non perdades o vídeo co resumo desta celebración tan especial.
Equipo de biblioteca
luns, 27 de outubro de 2025
Bibliotecas Escolares: 24 de outubro
O 24 de outubro, as nosas mestras de música ofreceron unhas actuacións espectaculares na biblioteca do colexio. Durante o tempo de lecer, puidemos desfrutar de bandas sonoras de películas do espazo, que nos transportaron a universos cheos de aventuras e emocións.
Para rematar, as profesoras acabaron cunha peza temática de Samaín, creando unha atmosfera divertida e chea de misterio que encantou a todo o alumnado.
Aquí podedes ver o vídeo das actuacións.
venres, 24 de outubro de 2025
Día das Bibliotecas 2025
NOVIDADES DE OUTONO
luns, 6 de outubro de 2025
venres, 3 de outubro de 2025
As mochilas viaxeiras xa están de camiño!
Atención lectores e lectoras! As Mochilas Viaxeiras xa están listas para comezar unha nova aventura. Libros, contos, revistas... saen da biblioteca para encher os fogares de historias e bos momentos en familia.
Esperamos que desfrutedes moito esta experiencia e que cada mochila regrese cargada de historias, debuxos e emocións.
Felices lecturas viaxeiras!
Equipo de Biblioteca
venres, 19 de setembro de 2025
Benvidos e benvidas ao novo curso!
Comezamos un novo curso con moita ilusión, e a nosa biblioteca está chea de novidades. Animádevos a visitala para desfrutar de todos os nosos libros, recunchos e actividades que temos preparadas para vós.
Lembrade que ler é soñar cos ollos abertos e en cada libro atopamos unha porta máxica a outros mundos.
A por un ano cheo de aprendizaxes e bos momentos de lectura!
Un saúdo dende o equipo de biblioteca
luns, 30 de xuño de 2025
🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅
Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso.
Dende o equipo de biblioteca queremos darvos as gracias por lernos e por estar con nós un curso máis. Tamén queremos darlle as gracias as nosas voluntarias e voluntarios, que sin elas e eles non sería posible organizar e realizar tantas actividades. É un pracer traballar e compartir tempo con vós. Desexámosvos o mellor na nova etapa da vosa vida que comeza a partir de agora.
A maiores, Sabidiña quere deixarlles ao alumnado do Altamira unhas recomendacións lectoras para que o seu verán sexa aínda máis entretido e divertido. Por certo, non vos esquezades nunca de bailarlle á vida!!
Unha aperta a toda a comunidade educativa.
FELIZ VERÁN!!!
O equipo de biblioteca.
venres, 27 de xuño de 2025
🎭Teatro na Galiña azul 🎭
🎭 Último teatro do curso 🎭
Para despedir os grupos de teatro, as voluntarias da nosa biblio representaron unha obra do libro "Algo pasa na casa do lobo" de Susanna Isern e Ayesha L. Rubio.
Despois de moito tempo preparando a obra, representárona na nosa biblio unha das últimas semanas do curso. Fixéronno moi ben, e os máis peques do colexio estiveron moi entretidos. Foi todo un éxito!!
Queredes ver a obra de teatro? Se a resposta é afirmativa, clicade nos seguintes vídeos e gozade dela. Tedes a parte 1 e a parte 2.
martes, 17 de xuño de 2025
👧Os futuro alumnado coñece a nosa bibio 👦
Nesta última semana do curso, recibimos no noso colexio unha visita moi especial... Os nenos e nenas de 5 anos do CRA Raíña Aragonta visitaron o Altamira para coñecer o seu próximo colexio.
Foron recibidos con moito agarimo e con diferentes actividades para que os cativos marcharan cunha sensación positiva e con moitas ganas de volver.
A biblioteca de Sabidiña esperaba por eles cun contacontos protagonizado por algunhas voluntarias da biblioteca. Xuntos decidiron preparar e representar o conto "A mellor sopa do mundo" de Susanna Isern.
Desexamos que aos cativos lles gustara o contacontos tanto como a nós a súa visita. Vémonos o vindeiro curso rapazada!!
Se queredes ver e entretervos co contacontos realizado, clicade no seguinte vídeo!!
📖 Visita de María Lado 📖
O martes 3 de xuño recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... A escritora María Lado sorprendeu ao alumnado de 3º e de 4ºB para falar do seu libro "Caramomia" no que comparte autoría con Ledicia Costas e o Hematocrítico. O alumnado e a autora pasaron un momento moi agradable.
Ao final da visita, a escritora asinoulles os libros ao alumnado e deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi entretido!! Grazas por vir María, ata a próxima!!
luns, 16 de xuño de 2025
📖 Visita Ledicia Costas 📖
O mércores 4 de xuño, ademais de recibir a visita de Sabela Gago, tamén recibimos no colexio Altamira a Ledicia Costas. A escritora galega sorprendeu ao alumnado de 2º para falar do seu libro "Curriño. O can influencer". O alumnado e a autora pasaron un momento moi agradable.
Ao final da visita, a escritora asinoulles os libros ao alumnado e deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi entretido!! Grazas por vir Ledicia, ata a próxima!!
📖 Visita Sabela Gago 📖
O mércores 4 de xuño recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... A actriz Sabela Gago sorprendeu ao alumnado de 5º A para falar do conto "Neko" da escritora Eva Mejuto. O alumnado e a actriz falaron do libro e pasaron un momento moi agradable.
Ao final da visita, deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi agradable e entretido!! Grazas pola visita Sabela, ata a próxima!!
martes, 10 de xuño de 2025
👪 Familias lectoras 3º trimestre👪
Como xa sabedes, co obxectivo de fomentar a lectura coa familia e para integrar as familias no contexto educativo, o equipo de biblioteca propuxo como actividade o programa de Familias Lectoras para este curso escolar.
xoves, 5 de xuño de 2025
🎭🎨Recreos de biblio 🎥 📚
- O luns é día de xogos de mesa.
- O martes é día para utilizar os legos e para facer papiroflexia.
- O mércores é día para preparar contacontos ou para representalos.
- O xoves é día para pintar e debuxar.
- O venres é día de cine.
martes, 3 de xuño de 2025
👥Club de lectura 6º👥
💙Letras Galegas 💙
venres, 23 de maio de 2025
📖 Visita Celtia Figueiras📖
O luns 5 de maio recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a escritora Celtia Figueiras sorprendeu ao alumnado de 1º, 4º e 5º.
Primeiro, estivo co alumnado de 1º para falar do seu conto "Lúa quere viaxar a... Marte!". O alumnado e a autora falaron do libro e pasaron un momento moi agradable.
Despois, estivo co alumnado de 5º para realizar un obradoiro denominado "Rachando co guión". O alumnado disfrutou dun teatro de títeres e pasou un momento moi entretido.
Finalmente, estivo co alumnado de 4ºA e de 4ºD para falar do seu libro "A Banda dos Insectos. Pasando a bóla". A autora e o alumnado tamén pasaron unha seisón moi enriquecedora.
martes, 20 de maio de 2025
📖Visita Andrea García 📖
O venres 25 de abril recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a autora Andrea García sorprendeu ao alumnado de 6º para falar do conto "Animais fantásticos de aldea". O alumnado e a autora falaron do libro e pasaron un momento moi agradable.
📖 Visita Ana Ulla 📖
O xoves 24 de abril recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... a autora Ana Ulla sorprendeu ao alumnado de 4ºD para falar do conto "Desde el jardín, las estrellas". Ela veu acompañada da ilustradora Rita Landeiro e da asesora pedagóxica Meli Lago. O alumnado e as invitadas falaron do libro e pasaron un momento moi agradable.
luns, 19 de maio de 2025
📚DÍA DO LIBRO 📚
O mércores 23 de abril conmemoramos o Día Internacional do Libro no Altamira. A actividade organizada dende a biblioteca foi o apadriñamento lector.
Os más maiores do colexio foron os padriños e madriñas e, os máis pequenos, os apadriñados. Queredes saber cales foron as parellas? O alumnado de 6º apadriñou a 1º, o de 5º a 3º e o de 4º a 2º. A actividade dividiuse en dúas partes:
- Na primeira parte, cada grupo de padriños e madriñas tivo que baixar a aula dos seus apadriñados para intercambiar a información sobre o seu xénero musical. Esta información preparouse previamente na clase.
- A segunda parte, consistíu en que cada parella tivo que crear conxuntamente un pareado nunha plantilla facilitada polo equipo de biblio e despois decorala o mellor posible. Esta parte fíxose no recreo, xa que tivemos un día moi soleado.
Ao finalizar a actividade, algunhas clases intercambiaron marcapáxinas entre elas como agasallo deste día tan especial.
Así, o alumnado do Altamira creou pareados moi creativos e orixinais. Todos eles están expostos na entrada do colexio para poder lelos, e os máis orixinais foron premiados. Queredes saber quenes foron?No seguinte collage tedes ás persoas gañadoras!! Parabéns!!
A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías desta actividade de apadriñamento lector no Altamira. Desexamos que vos guste tanto como a nós.
A maiores, queremos ensinarvos os libros novos que temos na biblioteca relacionados co noso proxecto deste ano: "Queres bailar? Únete ao Altamira que a festa esta por chegar!". Desexamos que vos gusten e e que poidades disfrutalos.
Teatro na nosa biblioteca
As voluntarias de 5º fixéronnos desfrutar dunha obra teatral titulada Mabel, Mabul y Mabuli, adaptación do conto "Mabel y la montaña...
-
Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso. Dende o equipo...
-
Durante o primeiro trimestre, algúns alumnos e alumnas de 4ºB decidiron preparar e representar un contacontos. O libro que decidiron represe...







.jpeg)





































