xoves, 21 de decembro de 2023

🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Este Nadal, dende a biblioteca do colexio fíxose como tódolos anos o Concurso de Postais para que o alumnado de todos os niveis puidera participar voluntariamente. 

O alumnado participou moito e fixeron postais moi orixinais e navideñas!! Esta semana, o xurado do concurso elexiu as postais gañadoras de cada curso. Cada gañador e gañadora obtivo como regalo un libro personalizado, tendo en conta os seus gustos lectores. Que xurado máis xeneroso!!

A continuación, deixámosvos unha imaxe cos nomes dos gañadores e gañadoras e as postais premiadas. 



Tamén vos deixamos a ligazón para ver un vídeo con fotos das actividades realizadas durante este Nadal. 

Gracias a todos e todas as que participáchedes e parabéns aos gañadores e gañadoras do concurso!!

Feliz Nadal e próspero ano novo, familias!! Vémonos á volta!!

Felicitación de Nadal



mércores, 20 de decembro de 2023

📚🎅Lecturas recomendadas e Novidades de Nadal 📚🎅

O mes de decembro xa chegou e as vaccacións de Nadal están moi cerca... Por este motivo, dende a biblioteca de Sabidiña fixemos unha selección de lecturas recomendadas para cada curso.

Así que... agora que comeza o Nadal, podémoslle pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos estes libros tan orixinais e divertidos. Non vos esquezades deles, porque á volta os leremos durante o momento lector todos e todas xuntas!! Desexamos que vos gusten estas recomendacións!!

Deixámosvos a continuación o enlace para que poidades ver estas recomendacións para cada curso en formato pdf!!

- Recomendacións lectoras

Para rematar este post, querémosvos ensinar algunhas das novidades lectoras dispoñibles na biblioteca para este Nadal. Cando queirades podedes ir no recreo ou durante a sesión de préstamo lector para poder lelos e consultalos. Desexamos que vos gusten!!

Bo Nadal a todos e todas dende a biblioteca do Altamira e gracias por lernos!!






mércores, 13 de decembro de 2023

📖 Contacontos no CRA 📖

Ola de novo comunidade educativa!!

Fai unhas semanas, o alumnado voluntariado da biblioteca pertencente ao curso 6º C baixaron ao CRA Raíña Aragonta para facer unha actividade moi interesante... Cal credes que foi??

A actividade consistiu en contarlle contos ás xeracións máis novas de Salceda de Caselas. Para iso, o alumnado voluntario organizouse en tres pequenos grupos para lerlles e representarlles un conto aos alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos.

Os libros elixidos para contarlle aos máis pequenos foron os seguintes tres: 
  1. "O moco máis rico do mundo". 
  2. "Luuume!
  3. "Pero que terá Tomasa?". 
O alumnado do Altamira fíxoo moi ben e xunto co alumnado do CRA pasaron un momento moi ameno!!
A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías desta actividade tan especial!!





💟 25 DE NOVEMBRO💟

O mes de Novembro foi un mes de celebracións na bilioteca do Altamira!! 

Como xa sabedes, o 25 de Novembro foi o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alumnado voluntario da bilioteca de Sabidiña traballou moito e fixo diferentes carteis e debuxos para decorar o colexio con motivo desta data tan significativa. 

Adornaron o colexio con carteis reivindicando a eliminación de estereotipos de xénero. Algúns exemplos destes lemas foron: 

  • "As cores non teñen xénero".
  • "Os deportes non teñen xénero".
Ademais, o 27 de novembro, toda a comunidade educativa fomos á praza do Concello para apoiar ás mulleres que sofren ou sufriron este tipo de violencia co noso lema:

POÑAMOS FIN A ESTE MAR DE BÁGOAS


A continuación, deixámosvos un vídeo con fotos do alumnado traballando e tamén do acto realizado no Concello. Gracias por lernos!!




mércores, 15 de novembro de 2023

📚 Club de lectura 6º 📚


Como todos os anos, damos comezo ao Club de Lectura no colexio Altamira!!

Nesta ocasión co alumnado de sexto de educación primaria. Para iso, entregámoslles os seus respectivos libros na biblioteca de Sabidiña. Os títulos dos libros foron: "La señorita Bubble" de Ledicia Costas e "Bala Perdida" de Manuel Rivas. 

Durante esta entrega de libros comimos e rimos moito... pero tamén traballabamos!! Fixemos chuvias de ideas e xogos nas tablets. 

Deixámosvos imaxes e un vídeo para que vexades a cara de felicidade do alumnado máis vello do cole durante este día tan marabilloso!! 

Gracias por lernos!!! Ata a próxima publicación!!







🎃 Obradoiro de Samaín 🎃

O mes de outubro finalizou coa conmemoración do Samaín no Altamira!! 

Unha das actividades que se fixeron na biblioteca para contribuír a esta celebración foi a realización dun obradoiro de Samaín para o alumnado voluntario da biblioteca. 

Este obradoiro foi dirixido pola mestra Ana e nel fixeron cousas terroríficas!! A continuación deixámosvos un vídeo con fotos deste marabilloso obradoiro!!






mércores, 8 de novembro de 2023

🌰 Exposición de froitos de outono 🌰

A semana pasada o alumnado do Altamira fixo unha exposición grandiosa de obras de arte sobre os Xogos Olímpicos, temática do proxecto deste ano,  utilizando como recurso principal os froitos de outono (landras, castañas, follas...). Esta iniciativa organizouse coa colaboración do equipo de Dinamización da Lingua Galega e tamén coa do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

O alumnado foi moi participativo, xa que fixeron cousas moi orixinais e creativas. Deixámosvos a continuación un vídeo con algúns exemplares destas marabillosas creacións.

Gracias ao alumnado, profesorado e as familias pola súa colaboración!!



venres, 27 de outubro de 2023

🐜 Visita de Sabidiña!! 🐜

Onte, día 26 de outubro, o alumnado do primeiro curso recibiu unha visita moi especial para conmemorar o día dos pequenos lectores. Sabedes quen foi?? Sabidiña!!! 

Recordade que Sabidiña é a macota da nosa biblioteca e onte, con moita alegría e ilusión, estivo no seu lugar favorito entregando agasallos a cada clase, e enchendo de sorrisos e sorpresas aos máis pequenos do cole. 

Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos e contentos coa visita da nosa Sabidiña. 










mércores, 25 de outubro de 2023

🎃 Novidades de Samaín 🎃

Onte, día 24 de outubro, foi o día das Bibliotecas Escolares. Para conmemorar este día tan importante, o alumnado voluntario do CEIP Altamira fixo moitos traballos orixinais. A continuación, deixámosvos unhas fotos para que vexades ao alumnado voluntario traballando na biblioteca. 





A maiores, no mes de outubro ademais de celebrar o día das Bibliotecas Escolares tamén conmemoraremos... o Samaín!! Para iso, a biblioteca de Sabidiña estará chea de novidades terroríficas e entretidas para que o noso alumnado as desfrute. 

A continuación, tedes algúns exemplos dos libros que vos podedes atopar na biblio durante os próximos días.




mércores, 18 de outubro de 2023

📘 Mes de bibliotecas escolares e Día das Escritoras📘

Outubro, ademáis de ser o mes do Samaín e do Magosto, tamén é o mes de conmemoración das bibliotecas escolares. 

Por ende, dende a biblioteca do CEP Altamira comezamos esta celebración coa inauguración das... MOCHILAS VIAXEIRAS!!! Estas mochilas viaxarán durante todo o curso a cada unhas das casas do alumnado para poder ler coas familias os libros tan interesantes e máxicos que contén. 




Como podedes ver nas seguintes imaxes, o alumnado quedou contentísimo!!





Ademáis, o venres 16 de outubro conmemorouse o Día das Escritoras na biblio de Sabidiña co obxectivo de apoiar e reivindicar a labor e o legado de todas as mulleres que senten paixón e admiración pola escritura. 



A continuación, deixámosvos enlaces directos a algúns dos podcast que grabaron as voluntarias da biblioteca!!






mércores, 4 de outubro de 2023

📕 Inauguramos a biblioteca!! 📕

Hoxe abrimos as portas da biblioteca de Sabidiña para darlle a benvida ao alumnado a este novo curso escolar 2023-2024.

Os nenos e nenas do cole puideron asistir á inauguración da biblioteca onde houbo un pequeno concerto protagonizado por profesorado do centro.

A partir de hoxe, as portas da biblio de Sabidiña quedarán abertas no recreo para poder participar nas actividades programadas polo voluntariado de biblioteca e realizar o préstamo de libros. 

Comezamos o curso escolar con moitas ganas, ilusión e novidades na biblioteca do Altamira!!






A continuación, deixámosvos o vídeo coas actuacións. Foi xenial!!













🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅

Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso.  Dende o equipo...